Reel

Monterrey abre o 19 de xuño a súa tempada de verán no Parque Acuático

O Parque Acuático do Complexo Deportivo de Monterrey abrirá a súa tempada de verán o próximo 19 de xuño e manterá as portas abertas ata o 13 de setembro de 2026. As instalacións estrearán as novas zonas que están a rematarse tras as obras de ampliación. A apertura farase de maneira progresiva. As tarifas comezarán sendo as mesmas que as do ano pasado e só se incrementarán cando entren en funcionamento as seguintes fases, previstas para xullo.