Reel

A Xunta recomenda furar recipientes nos cemiterios para frear o mosquito tigre

A Xunta de Galicia publicou unha serie de recomendacións para evitar a formación de criadeiros de mosquito tigre nos cemiterios con motivo da festividade de Todos os Santos. As autoridades sanitarias insisten en que os recipientes de flores e obxectos ornamentais non deben acumular auga, xa que este insecto precisa de láminas de auga para reproducirse. A solución máis eficaz consiste en furar os vasos e pratos para permitir a drenaxe. Cando non sexa posible realizar perforacións, recoméndase engadir esponxas, xeles ou area para absorber o líquido. Tamén se suxire o uso de flores artificiais ou o baleirado periódico dos elementos non utilizados. O mosquito tigre, orixinario de Asia, pode transmitir enfermidades como dengue ou zika. En Galicia detectouse por primeira vez en 2023 e actualmente está presente en varios concellos da provincia de Pontevedra, aínda que ata o momento non se rexistrou ningún caso autóctono de transmisión.